PROPOSTA de Estatutos de asociación veciñal adaptados a Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo reguladora do Dereito de Asociación (BOE 73/02 de 26 de marzo).

ARTIGO 1.- A asociación regulada polos presentes Estatutos adoptará o nome de ASOCIACIÓN DE VECINOS Dr. JOSÉ CASÁS DE LA VILLA DE BOUZAS, constituíndose, ó abeiro dos artigos 22 e 53 da Constitución Española de 1978, como entidade de interese xeral, de participación cidadán, defensa de consumidores-as e usuarios-as e sen ánimo de lucro e que se rexira pola Lei.

E tera una duración indefinida.

ARTIGO 2.- A asociación veciñal Dr.José Casás de la Villa de Bouzas, defínese como unha asociación baseada nos principios de liberdade, xustiza, igualdade e pluralismo político.

ARTIGO 3.- Os obxectivos desta Asociación serán os seguintes:

  • 1.- Coordinar e potenciar os obxectivos dos seus membros e en definitiva da vecindade asociada.
  • 2.- Recoller as peticións e facelas chegar a quen corresponda sin prexuizo das efas reivindicativas dos seus membros.
  • 3.- A consecución dos medios materias, sociais e culturais útiles para o de envolvemento da cidade.
  • 4.- Defender, fomentar e mellorar os intereses xerais da vecindade en calidade de consumidores-as e usuarios-as.
  • 5.- Informar e educar á vecindade en tódalas cuestións que afecten a intereses xerais en especial as cuestións que afecten á información e educación dos-as consumidores-as.
  • 6.- Velar polo cumprimento por parte da Administración dos dereitos recoñecidos no noso Ordenamento Xurídico como entidades de interese xeral de consumidores-as e usuarios-as en particular nos seguintes:
    • a.- Recibir información directa dos asuntos de interese común.
    • b.- Alzar propostas de actuación no ámbito das administracións públicas.
    • c.- lntervir en tódolos ámbitos da administración en defensa dos intereses xerais da cidadanía.
    • d.- Exercitar o dereito á iniciativa popular.
    • e.- Exercitar o control da administración en defensa dos dereitos de xestión e coxestión.
    • f.- Recibir axudas económicas a cargo dos presupostos das administracións públicas.
  • 7.- Para adaptar e concretar os fins desta asociación ó artigo 51 da Constitución e lexislación que o desenvolve especifícanse os obxectivos para fomentar a educación, información, defensa, representación e promoción os dereitos dos-as consumidores-as e usuarios-as:
    • Protección contra os riscos que poidan afectará saúde e seguridade.
    • Indemnización ou reparación dos prexuizos sofridos.
    • Información correcta sobre diferentes productos, así coma a educación e divurgación para facilitar o correcto uso, consumo e disfrute.
    • Participación nos procedementos de elaboración de disposicións xerais que afecten ós-ás consumidores-as, exercitando a representación da defensa dos intereses dos-as consumidores-as.
    • Protección xurídica, administrativa e técnica das situacións de inferioridade, subordinación ou indefensión.
    • Protección prioritaria dos direitos dos-as consumidores-as e usuarios-as cando sexan productos ou servicios de uso común e xeneralizado

ARTIGO 4.- O domicilio social da Asociación veciñal será RUA DO PAZO 2 BOUZAS podendo trasladarse dese local cando así o acorde a Asemblea Xeral..

ARTIGO 5.- O ámbito territorial desta Asociación é o da Vila de Bauzas, reservándose a facultade de poder coordinar, federar ou confederar con outras entidades.

A lingua galega será o idioma que a Asociación utilizará nas súas comunicacións cos-as socios-as e co público en xeral.

ARTIGO 6.- A Asociación terá personalidade xurídica propia. A tal fin, e para a consecución dos fins numerados, a Asociación gozará de capacidade xurídica bastante para obligarse de calquera forma admitida en Direito con terceiros, intervindo en calquera posición no tráfico mercantil, xa sexa comprando, vendendo, arrendando, avalando, solicitando préstamos, creando ou fomentando cooperativas de servicios, etc. Comprometendo, en todo elo, o patrimonio propio. Asemade, realizar reclamacións ente calquera organismo, público ou privado, pudendo comparecer e estar polo medio dos seus representantes legais en xuizo, exercitando accións e opoñendo excepcións en defensa dos intereses propios ou alleos, cando a súa defensa se considere necesaria para o desenvolvemento e cumplimento dos seus fins.

CAPITULO II

OS-AS SOCIOS-AS, CLASES, DEREITOS E DEBERES.

ARTIGO 7.- Tendrán a condición de asociadas, aquelas persoas maiores de idade con plena capacidade de obrar que, desexando pertencer á asociación satisfagan as cotas na forma e cuantía que se determine.

ARTIGO 8.- Son dereitos dos-as asociados-as:

  • 1- Tomar parte activa en cantos actos organice a asociación.
  • 2- Asistir con dereito a voz e voto as Asembleas Xerais que se celebren.
  • 3- Elexir e ser elexible para tódalas funcións representativas da Asociación.
  • 4- Formular propostas á Xunta directiva.
  • 5- Disfrutar dos servicios da Asociación.
  • 6- Examinar as contas de gastos e ingresos anuais.

ARTIGO 9.- Son deberes dos-as asociados-as:

  • 1.-Cumprir as normas estatutarias e os acordes validamente adoptados pola asemblea xeral.
  • 2- Cooperar coa labor e fins da Asociación.
  • 3- Satisfacer en forma as cotas que determine a asemblea xeral.

ARTIGO 10.- O cese na condición de socio-a producirase:

  • 1- Por desexo do-a asociado-a.
  • 2- Por falta de pago da cota previo requerimento da directiva.
  • 3- Cando a proposta da Directiva e, ratificado pala asemblea xeral, se estime convinte por:
    • marcado desinterese e falta de colaboración.
    • incumprimento dos Estatutos.
    • utilización da Asociación para fins alleos.
  • 4- En todo caso será necesario apertura de expediente de audiencia ó-á interesado-a con carácter previo á expulsión.

CAPITULO III

ÓRGANOS DE GOBERNO E ADMINISTRACIÓN

ARTIGO 11.- Son órganos de goberno da asociación a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.

ARTÍGO 12.- A Asemblea Xeral será o órgano supremo da Asociación. As sesións desta terán carácter de ordinarias ou extraordinarias. Os cargos de Presidente-a e secretario-a recaerán nos-as socios-as que ocupen ditas cargos na Xunta Directiva.

ARTIGO 13.- A Asemblea Ordinaria reunirase como mínimo unha vez ó ano.

ARTIGO 14.- A Asamblea Xeral Extraordinaria reunirase cando a convoque a Xunta Directiva ou cando o solicite un número de socios-as non inferior ó 1O %.

ARTIGO 15.- A Asemblea Xeral constituirase válidamente, previa convocatoria efectuada -quince días antes da reunión- cando concurran a ela, presentes ou representados, un tercio dos-as asociados-as.

ARTIGO 16.- Os acordos da Asemblea Xeral adoptaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen os negativos. Nembargantes requerirá a maioría cualificada de persoas presentes ou representadas, que resultará cando os votos afirmativos superen a metade, os acordes relativos a disolucoión da asociación, modificación dos estatutos, disposición ou enaxenación de bens e remuneración dos membros do órgano de representación.

ARTIGO 17.- Son competencias da Asemblea Ordinaria:

  • 1- Examen e aprobación, se procedese, da memoria anual, balances e presupostos anuais de ingresos e gastos.
  • 2- Establecemento e modificación das cotas ordinarias, así coma as posibles extraordinarias.
  • 3- Aprobación, ou rechazxo, das propostas que regulamentariamente se fagan pola Xunta directiva ou polos-as socios-as.

ARTIGO 18.- Son competencias da Asemblea Extraordinaria:

  • 1- A elección e renovación dos membros das xuntas administradores e representates.
  • 2- Os acordos para constituir unha federación de asociacións.
  • 3- A modificación dos estatutos.
  • 4- O acordo da disolución da asociación.

ARTIGO 19.- A Xunta Directiva estará constituída por un-unha presidente-a, un- una vicepresidente, un – una tesoreira secretario-a e cinco vocais vocais.

Ditos cargos serán gratuitos e voluntarios e serán nomeados pola Asemblea Xeral Extraordinaria por un mandato de catro anos.

ARTIGO 20.- A Xunta Directiva reunirase mensualmente con carácter ordinario, con carácter extraordinario cando o solicite o-a presidente-a ou a metade máis un dos compoñentes.

Os acordos tomaranse por maioría simple, e para súa validez requerirán a presencia de, alomenos, a metade máis un dos compoñentes da Xunta Directiva. En caso de empate, decidirá o voto do-a Presindente-a.

ARTIGO 21.- A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións.

  • 1- Convocar e fixar a data das asembleas xerais.
  • 2- Organizar e desenvolver os acordos aprobados pola asemblea.
  • 3- Elaborar os presupostos e os balances.
  • 4- Organizar e coordinar as comisións de traballo que se creen.
  • 5- Interpretar e velar polo cumprimento dos estatutos.

ARTIGO 22.- As reunións da Xunta deberán convocarse coa antelación suficiente. A asistencia é obrigatoria e no caso de non poder asistir comunicarase ó-á Presindente-a.

ARTIGO 23.- O-A Presidente-a que representa á Asociación correspóndelle :

  • – Presidir as reunións da Xunta Directiva.
  • – Convocar a Comisión e as Asembleas Xerais.
  • – Autorizar coa súasinatura toda clase de documentos que emanen da Asociación..
  • – Adoptar as medidas urxentes para o mellor goberno e administración da Asociación.
  • – Suscribir contratos, interpor recursos administrativos e, ante as xurisdiccións ordinarias e especiais, aceptar legados e herdanzas, exercitar accións e opoñer excepcións, todo ilo en nome da Asociación.

ARTIGO 24.– Serán funcións do-a secretario-a:

  • -Levar o libro de actas e emitir os certificados correspondentes.
  • -Dirixir a Secretaría.

ARTIGO 25.– Serán funcións do-a tesoureiro-a:

  • -Levar o libro de cantas.
  • -Custodiar os fondos sociais.
  • -Facer os pagos e cobros. Se os pagos superan os trescentos euros deberán realizalos conxuntamento co-a Presindente-a ou o-a secretario-a en substitución daquel, senda necesarias as dúas sinaturas.

ARTIGO 26.- Os-as vocais da Xunta Directiva terán misións encomendadas polo-a Presidente-a sen determinarse número.

  • a.- A Vocalía da muller é un órgano dependente da Xunta Directiva na organización de actos e actividades preferentemente para mulleres, tentando acadar así principalmente a integración social, laboral e colectiva das mulleres que o demanden ou precisen.

ARTIGO 27.- Dende o fin do mandato anterior ou da dimisión da Xunta Directiva abrirase un prazo de 15 días para presentar candidaturas. Ditas candidaturas terán un número mínimo de 1O ….. todos eles asociados con, alomenos, un ano de antiguedade.

Vencido o prazo de candidaturas convocarase asemblea extraordinaria dentro dos quince días seguintes a fin de proceder á lección das candidaturas presentadas.

ARTIGO 28.- Crearanse as vocalías ou comIsIons que se consideren oportunas ó fin de realizar actividades concretas que se axusten os obxectivos da asociación.

CAPITULO IV – REXIMEN ECONÓMICO

ARTIGO 29.- Os recursos económicos da Asociación para o c seus obxectivos.

  • 1- Cotas das asociacións membros da Asociación.
  • 2- As subvencións de organismos oficiais ou particulares.
  • 3- As doazóns, legados ou herdanzas.
  • 4- O importe de cotas extraordinarias que estableza a asemblea xeral.
  • 5- As rentas do patrimonio da Asociación.
  • 6- Calquera outro medio legal, non contradictorio cos fins da Asociacion
    O patrimonio da asociación e de O € coincidindo co peche do exercicio económico coincidindo co ano natural

ARTIGO 30.- A Asociación levará os Libros de actas, caixa, rexistro e calquera outro fixado por lei.

ARTIGO 31.- A Asociación responde das súas obligacións cos seus bens presentes e futuros.

CAPITULO V – DISOLUCIÓN E LIQUIDACIÓN

ARTIGO 32.- A Asociación disolverase palas causas previstas nos Estatutos pala vontade dos-as asociados-as expresada na asemblea xeral, palas causas establecidas no artigo 39 do Código Civil e por sentencia xudicial firme.

O acordo de disolución requirirá a convoatoria dunha asemblea extraordinaia o efecto cunha maioría de ¾ dos votos.

ARTIGO 33.- A disolución da Asociación, o período de liquidación no que a Xunta Directiva en exercicio velará polo patrimonio da asociación, concluirá as operacións pendentes, cobrará os créditos, pagará ós acreedores e destinará o sobrante a outra asociación sen animo de lucro.